O aumento de peregrinos e visitantes en xeral durante a época estival favorece o incremento de actividades na programación sociocultural do Concello. Así, o proxecto Música no Camiño do HolandésEuroVelo, celebrado o 27 de xullo, una noite para o intercambio cultural entre a veciñanza local, os peregrinos e demáis visitantes.
Co obxectivo principal do recoñecemento, promoción e potenciación do camiño, desde a concellería de Cultura e Turismo estase a traballar na elaboración das I XORNADAS DO CAMIÑO DO HOLANDÉS-EUROVELO, complementadas con outra serie de actividades pensadas para grandes e pequenos, como as Saídas Iniciáticas, Pedaladas polo Camiño, Donas e Cabaleiros do Camiño do Holandés, Xantar peregrino, Tradición Musical…..#touroEcamiño
Novas iniciativas no Camiño do Holandés
O concello de Touro, no seu afán de reivindicar o trazado
do Camiño do Holandés, segue traballando en facilitar o devandito itinerario a todos os peregrinos que escollen este desvío do
Camiño Francés cara a súa chegada a Compostela.
Agora, ademais de selar as credenciais, na casa do concello púxose a disposición de todos eles un Libro-Rexistro no que poden deixar constancia do seu paso
por estas terras. E tamén se elaborou un tríptico informativo con canto poidan necesitar no seu paso polo municipio para alcanzar con éxito a súa ansiada meta.
A atención personalizada tentará liquidar calquera outra incidencia que se puidese presentar e asesoralos da mellor maneira posible nos derradeiros quilómetros.
O tránsito continuo de peregrinos en bicicleta é a razón destas e outras novas iniciativas.