Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro Concello de Touro

Turismo en Touro

  • Novas iniciativas no Camiño do Holandés

    O concello de Touro, no seu afán de reivindicar o trazado do Camiño do Holandés, segue traballando en facilitar o devandito itinerario a todos os peregrinos que escollen este desvío do Camiño Francés cara a súa chegada a Compostela.

    Agora, ademais de selar as credenciais, na casa do concello púxose a disposición de todos eles un Libro-Rexistro no que poden deixar constancia do seu paso por estas terras. E tamén se elaborou un tríptico informativo con canto poidan necesitar no seu paso polo municipio para alcanzar con éxito a súa ansiada meta. A atención personalizada tentará liquidar calquera outra incidencia que se puidese presentar e asesoralos da mellor maneira posible nos derradeiros quilómetros.

    O tránsito continuo de peregrinos en bicicleta é a razón destas e outras novas iniciativas.

Touro en imaxes

O Concello de Touro está situado no sur da provincia galega da Coruña, limitando coa de Pontevedra, na bela fronteira natural que lle proporciona o río Ulla. Dúas pontes, a de Basebe en Novefontes e a de Remesquide en San Pedro de Ribeira, danlle saída a Touro polo surleste.

Dous ríos máis bañan estas terras e morren no Ulla, o Lañas e o Brandelos, que conforman uns ecosistemas húmidos e moi axeitados para labores agrícolas e gandeiras. A súa importancia tiveron tamén no pasado as actividades mineiras.

Situámonos nun centro xeográfico vital para os preto de 4.000 habitantes que gozan da excelente calidade de vida dunha contorna natural moi acolledora e agradecida. Moi próxima a Santiago de Compostela, forma parte da fermosa paisaxe do río Ulla e debe ser considerada como parte do xardín da cidade apostólica. 

Abrangue unha extensión de 115,11 Km2 distribuída nas parroquias de: Andeade, Bama, Bendaña, Beseño, Calvos de Socamiño, Circes, Cornado, Enquerentes, Fao, Fontes Rosas, Foxás, Loxo, Novefontes, Prevediños, Ribeira, Quión, Touro, Turces e Vilar

Proxecto financiado por
Concello de Touro Agader Consellería do Medio Rural FEADER Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Xacobeo